ENESIMA XUNTANZA COA CONSELLERIA DE SANIDADE

O xoves dia 11 de xaneiro do 2007 a CIG convocou, en solitario, asembleas de traballadores por que tiñamos unha debeda pendente co conxunto dos traballadores: informar-lle de como foran as xuntanzas coa conselleria de sanidade a respeito dos plegos de condicións do 061.

 

Para a CIG o resultado das asembleas foi unha incongnita por unha banda e un fiasco pola outra, de tal xeito que:

 

- plego de condicións administrativas: decimos que é unha incognita por que, se ben admitiron parte das nosas reivindicacións, está pendente de que pase o filtro da asesoria xuridica, a dia de hoxe (22 de xaneiro) non sabemos nada.

- plego de condicións técnicas: non aceptaron nada, agas cuestións de matiz sen importancia, do proposto, practicamente nen o tiveron en conta.

 

Diante deste panorama, os sindicatos estamos convocados para mañán (23 de xaneiro) nunha nova xuntanza coa Conselleria de Sanidade; a orde do dia é:plegos definitivos do 061 (cheira mal que non o mandaran por correo electronico como facian sempre) e plegos do transporte non urxente (cheira igualmente mal, non o mandan antes non sabemos por que)

 

Seguiremos informando, pero as cousas que cheiran mal, rematan apodrecendo.

ULTIMA XUNTANZA CO SERGAS

O 28 de decembro do 2006, rematando o ano e no dia dos inocentes, tivo lugar a derradeira xuntanza co SERGAS a respeito dos pregos de condicións do 061.

 

Escomezou-se a falar das condicións administrativas, as cousas ai foron relativamente ben, xa que:

 

1º Acepta-se que ao empresario cesante se lle reteña a garantia até que non pase a documentación ao novo empresario para a subrogación e nas sancións se acepta que o empresario novo, unha vez que se lle pase a documentación, se non subroga se lle rescata a concesión.

 

2º Aceptan que a responsabilidade sexa solidaria de todos os membros da UTE, é dicer, se se lle mete unha sanción a unha das empresas, se lle mete a todas as da UTE.

 

3º Aceptan incluir o 20% dos pontos aos empresarios que tivesen dentro dunha UTE a todo o persoal dentro do mesmo TC (na valoración da proposta).

 

4º Aceptan que os empresarios teñan que pedir unha mediación cando haxa unha declaración de folga.

 

Isto queda SUPEDITADO ao dictamen da asesoria xuridica da Xunta de Galicia, polo tanto estamos á espera do que digan.

 

En canto ao plego de condicións tecnicas, dicer que non se acepta case nada a respeito das propostas sindicais, é dicer, todo como antes, neste apartado non aceptaron nada de nada.

 

QUE FACER?? pois a CIG vai ter unha xuntanza en breve e decidiremos o que facer.

 

 

26 de decembro: ULTIMA OPORTUNIDADE

ULTIMA OPORTUNIDADE, SENÓN LOITA

 

O pasado 18 de decembro, ás 17 horas, tivo lugar unha xuntanza entre os 3 sindicatos (CIG, CCOO e UGT) para tratar o actual estado dos plegos de condicións do 061 e mirar se se podia levar unha estratexia conxunta.

 

Desa xuntanza sacarón-se tres acordos:

 

1º enviar un correo á Conselleria de Sanidade cun ultimatum, é dicer, ou o 26 de decembro hai unha xuntanza para recompoñer a situación ou abandonaremos a mesa sectorial.

 

2º facer unha rolda de prensa o 19 de decembro en santiago para anunciar o noso descontento.

 

3º facer asembleas de traballadores o 26 de decembro:

 

- a coruña: local sindical ás 21,30

- Lugo: local sindical ás 21,30

- Vigo: casa do mar ás 21,30

- Pontevedra: local sindical ás 21,30

- Ourense: local sindical ás 21,30

 

A Conselleria de Sanidade reaccionou e convocou unha xuntanza para o 26 de decembro ás 13,30 horas.

 

A visión da CIG é que isto é unha mera "treta" para ter-nos entretidos e polo tanto non varia a nosa estratexia, a non ser que digan nesa xuntanza que lle dan a todo para atras ou que aceitan as nosas alegacións, e polo tanto seguimos pensando que a unica via é a movilización.

 

 

XUNTANZA CIG-CCOO-UGT

O Vindeiro martes 19 de decembro imos ter unha xuntanza os tres sindicatos, a proposta da CIG, para tratar de "recompoñer" unha estratexia conxunta e poder afrontar o tema da paralise da mesa sectorial e a posibilidade de abandona-la para iniciar un proceso de movilizacións coa fin de que os concertos saian con cuestións que son cruciais para o sector: subrogación, cumprimento da legalidade e cumprimento do convenio colectivo.

 

Seguiremos informando a respeito do que dé de si esta xuntanza sindical.

abandonar a mesa

A TODOS OS TRABALLADORES/AS DO TRANSPORTE SANITARIO DE GALIZA

 

Hoxe, 4 de decembro do 2006, tivo lugar unha xuntanza nos locais da CIG en Santiago de Compostela de delegados e afiliados á CIG para analisar como está a situación actual, en canto aos novos concertos, e que medidas se pretenden tomar.

 

A analise da actual situación ve-se moi negativamente polo seguinte:

 

1º Sacan-se os plegos de condicións para os concertos sen leva-los á mesa sectorial, dando-se só direito a unhas alegacións que entendemos son unicamente formais.

 

2º A Conselleria de Sanidade non vai dotar economicamente ás empresas para que estas poidan cumprir o convenio colectivo, ainda que queran, por certo, non todas queren.

 

3º Non incluen cuestións claves nos pregos de condicións, o que nos leva a pensar que todo vai seguir igual, esas cuestións en sintese son:

 

-        Subrogación: todo sigue igual, é dicer, non incluen clausulas de rescate de concesión para o que non subrogue ao persoal.

-        Actas de infracción da inspección de traballo: non incluen penalizacións fortes ou incluso rescate de concesión para os empresarios que teñan actas de infracción da inspección de traballo.

-        O 061 e o SERGAS pretende que todo siga igual, incrementando o control “policial” sobor dos traballadores e crendo-se xuices supremos dos mesmos, non propoñendo nada novo en canto á formación ou prevención de riscos laborais.

 

Ante esta situación, decidimos trasladar-lle unha convocatoria a CCOO e UGT para propoñer-lle duas cousas:

 

-        Abandornar a mesa sectorial, xa que non funciona e da-lle dalgun xeito á Conselleria un aval que dende logo, polos feitos que están a acontecer, non merece.

-        Iniciar de inmediato as movilizacións do sector para reclamar garantias no posto de traballo e  que se rache a politica continuista dos anteriores inquilinos da Xunta.

XUNTANZA DA CIG

XUNTANZA NACIONAL DE AMBULANCIAS DO SINDICATO CIG

 

O vindeiro 4 de Decembro do 2006 en Santiago de Compostela terá lugar unha xuntanza para valorar, por parte dos delegados da CIG, o panorama de cara ao ano que ven, que se torna mais ben escuro.

 

Como diciamos no panfleto que se puxo nas empresas co gallo da xuntanza coa Conselleria de Sanidade, tocan tambores de guerra, xa que, estes novos inquilinos da Conselleria, teñen as mesmas intencións que os outros, é dicer, pagar pouco e que os empresarios mais tuzaros se fagan con bases a baixo custe para que, a costa do salario do persoal, se poda manter o servizo.

 

Nesa xuntanza vai-se valorar que temos que facer ante a actitude da Conselleria de ningueo da parte social.

MESA SECTORIAL DE AMBULANCIAS

A TODOS OS TRABALLADORES/AS DO TRANSPORTE SANITARIO DE GALIZA

 

Hoxe, 22 de novembro do 2006, na sede da Conselleria de sanidade en Santiago de Compostela, coa presenza das duas patronais, a Administración e CCOO, UGT e CIG.

 

Previamente á convocatoria desa xuntanza, enviaron-nos aos sindicatos e patronal toda a documentación a respeito do novo concerto das Urxencias Santarias-061para que apresentaramos as alegacións que entenderamos pertinentes (so apresentamos alegacións CIG, CCOO e unha das patronais), pero a xuntanza tivo outros derroteros que falar das alegacións, xa que as tres centrais sindicais estabamos moi cabreadas, falando-se do seguinte:

 

1º Non  se nos traslada canto van pagar por base, chegando-nos rumores de que os cartos non chegan, bueno so lle chegan a aqueles que saben que non van cumprir o convenio colectivo.

 

2º Non se nos permitiu estar presentes nas diferentes xuntanzas co 061 e os empresarios.

 

3º Non se contemplan sancións duras ou rescate das concesións para quen incumpra ou teña sancións graves da inspección de traballo.

 

4º A mesa de analise na que estamos os sindicatos vai ser extemporanea, xa que, parece ser hoxe pola tarde ten xuntanza o patronato do 061 para decidir.

 

Ante iso, a postura da CIG foi:

 

1º solicitar que o 061 non tome nengunha decisión antes de ter unha xuntanza, donde estexamos nos e escoiten o que temos que dicer.

 

2º lanzar unha mensaxe a todas as empresas que asinen eses concertos, claramente insuficientes, de que van ir direitamente á inspección de traballo.

 

3º adiantar que non nos imos quedar de brazos cruzados e que imos movilizar e polo tanto, non queremos despois lamentacións e malos entendidos.

 

O representante da administración quedou en trasladar a nosa indignación e en contestar unha vez que tivese algo concreto, pero unha aviso a navegantes: PENSAMOS DENDE A CIG QUE VAI HABER QUE DESENTERRAR A MACHADA DE GUERRA.

 

 

xuntanza da mesa de traballo do transporte sanitario

o vindeiro 22 de novembro, na sede do SERGAS, terá lugar a mesa de traballo do transporte sanitario, donde esta a administración, os empresarios e os sindicatos.

 

vai-se valorar os plegos de condicións a respeito da concesión das urxencias sanitarias-061, as alegacións definitivas que a CIG apresentou neste proceso, en función dos documentos que nos foron remitidos, son as que seguen a continuación:

 

Á FUNDACIÓN PUBLICA DE URXENCIAS SANITARIAS 061

 

ERNESTO LOPEZ REI, en calidade de representante da CIG na Mesa de Analise do Sector do Transporte Sanitario, como millor proceda apresenta aos pregos de condicións da contratación do servizo de Urxencias Sanitarias as seguintes,

 

ALEGACIÓNS

 

PRIMEIRO.- A primeira cuestión que temos que dicer é que non nos parece de recibo ter aberta unha mesa de analise tripartita do sector e aprobar os pregos sen ter escoitado nen deixar participar aos sindicatos, so dando-lles un “frio” tramite de alegacións cando, os traballadores, non son actores secundarios nesta “pelicula”.

 

SEGUNDO.- A pesar do antedito e unha vez lida a documentación, temos que dicer aos plegos de condicións o que segue:

 

A respeito do documento Prego de Condicións Xuridicas:

 

1º Non sabemos se as Areas Sanitarias Urxentes van quedar como a primeira aproximación que se nos pasou.

 

2º Non sabemos cal vai ser o prezo do contrato, cuestión importante para esta Central Sindical para saber se a Administración está na onda do cumprimento do convenio na parte economica, é dicer, non podemos valorar, dende o ponto de vista economico se a patronal está en disposición teorica de cumprir o convenio colectivo.

 

3º En canto aos licitadores, sentimo-nos defraudados por que non se faga un guiño, ainda que só fora iso, a respeito de “empresarios” que hoxe coleccionan actas de infracción da inspección de traballo e seguridade social e incluso algun pronunciamento dalgun Concello a respeito dos incumprimentos en materia laboral e tamén de saude publica coa que actuan.

 

4º Dentro da documentación a apresentar polo licitador non vemos nen o Plan de Prevención nen a Avaliación Inicial de Riscos, cuestión que para nós é de importancia, posto que de non te-los estarian incumprindo a Lei de Prevención de Riscos Laborais.

 

5º Criterios de adxudicación: non vemos por ningures e polo tanto votamos en falta a dotación minima para cubrir o servizo, é dicer, deberia de constar un minimo de traballadores dados de alta nese servizo para poder realizar o servizo con garantia e seguridade.

 

6º No apartado “obrigas laborais e sociais”: cando di que o contratista esta obrigado ao cumprimento das disposición vixentes en materia laboral, de seguridade social e prevención de riscos, votamos en falla o seguinte:

 

-         Subrogación: deberia de aparecer unha clausula donde aparecera que aquel empresario que non subrogue ao persoal (xa que é unha obriga laboral imposta polo convenio colectivo do sector) perderá a condición de contratista.

-         Actas de Infracción da inspección de traballo e seguridade social: aquel empresario que foi sancionado pola inspección de traballo, deberia de ter solventadas todas as anomalias que viñan reflexadas nesa acta de infracción.

-         Prevención de Riscos Laborais: deberia ter apresentado a documentación que a Lei de Prevención de Riscos Laborais indica como obrigatoria para poder desenvolver un traballo nun ambiente seguro.

-         Obriga-se ao empresario a “informar” de calquera conflito ou folga, cando se lle deberia de obrigar tamén a informar de todos os pasos que ese empresario deu para tentar evitar o conflito, é dicer, actas de xuntazas cos comités de folga donde se fai todo o posibel por chegar a un acordo.

 

7º Cesión e Sub-contratación: parece-nos que nos tempos que corren, donde a subcontratación é unha das causas de maior precarización das relacións laborais e tamén de merma do servizo, este ponto sobra, se un empresario non quere ou non pode levar adiante a concesión, esta deberia ser obxecto dunha nova licitación.

 

8º Sancións que se imporán ao contratista, neste aspeito votamos de menos que non se faga referencia a posibeis actas de infracción da inspección de traballo das podan ser obxecto as empresas, ao mesmo tempo que votamos tamén en falta as mesmas eivas na resolución do contrato.

 

A respeito do documento Cuadro de caracteristicas do contrato:

 

1º Non podemos emitir nengunha opinión a respeito do orzamento, xa que non o coñecemos, no seu sitio figuran XXXXXXXXXX.

 

2º No ponto 16.4, revisión de veiculos, deberia de constar unha revisión periodica e os criterios de seguridade vial que deberia de reunir para ter a conformidade do que realice a inspección.

 

A respeito do documento Limpeza, desinfección e esterilización da ambulancia SVB:

 

1º Cando di que se ten que manipular con luvas, deberia de especificar as caracteristicas tecnicas desas luvas e o nivel de protección que deben de ter.

 

2º A respeito de todos os procedimentos de limpeza deberian os traballadores ter protocolos de actuación emitidos ou co visto bon da Fundación ou do SERGAS.

 

3º Os traballadores deberian de estar formados para a correcta utilización de todos eses produtos e dita formación deberia de estar supervisada polo 061 e en horas de traballo.

 

4º Os representantes dos traballadores deberian de ter as fichas tecnicas de todos os productos a utilizar.

5º En canto aos apartados A, B, C e F, o material ten que ser limpado, esterilizado e demais por persoal sanitario, minimo un auxiliar de clinica, xa que entran aparte de riscos bioloxicos, esterilización en autoclave e tratamento con ETO (oxido de etileno), do mesmo xeito que os celadores non limpan material do hospital, os traballadores da ambulancia tampouco deberian.

 

6º A xestión de residuos non debe ser tampouco laboura do persoal non sanitario.

 

A respeito do documento indicacadores de cumprimento da calidade do servizo (SVB):

 

1º Parece-nos desproporcionado que o 40% da valoración se faga unicamente polo cumprimento de formalismo, é dicer, de recollida de dados.

 

Salientar tamén que os traballadores do 061 non son unha autoridade e polo tanto os dados non poden computar nen como minimo nen como desexabeis, xa que non dependen deles a sua toma.

 

2º Da-se-lle o 40% a todo o que teña que ver co veiculo, pero non fala nada da dotación do mesmo, entendemos que o mais importante é o factor humano, é dicer, os veiculos poden estar en perfeito estado, pero son maquinas, as persoas deberian descansar, para o bon funcionamento e calidade do servizo, polo tanto deberia puntuar tamén o cumprimento de normas de seguridade a respeito do factor humano.

 

En canto á recollida de dados a Identificación do paciente corresponde as F.O.P. nos non podemos pedir que un paciente se identifique e nos de o seu DNI ou a sua dirección, non nos ampara as leis e non e o noso cometido

 

3º 10% será a respeito da formación dos traballadores, con criterios que dará a Fundación, pero en canto á estabilidade da dotación ao fronte do servizo, non se especifica que considera a Fundación como estabilidade, nen cualitativamente nen cuantitativamente.

 

Non entendemos tampouco como se pide exclusividade e non se garanten xornadas completas na contratación, é dicer, un traballador contratado a media xornada puntua mais se non traballa mais que para o 061, polo tanto se prima a traballadores que se poidan permitir traballar só para o 061 ainda cobrando a metade do salario.

 

4º En canto á reciclaxe do persoal, non se pode obrigar a participar como “docente” a un traballador que non está formado para ilo, que non cobra por ilo e ademais, non se pode ser docente so cando ao 061 lle interese e menos fora de horas de traballo.

 

5º Non parece razonabel que se exixa a ausencia de reclamacións ás dotacións xa que realizan miles de servizos ao ano, xa que non parece razonabel.

 

A respeito do documento indicacadores de cumprimento da calidade do servizo (SVA):

 

Facer as mesmas valoracións que a respeito do documento do Soporte Vital Basico, pero engadir:

 

1º Valora-se a actitude, cuestión dabondo subxectivo e coa que non estamos dacordo, a Administración ten que saber que cando Sub-contrata a traves dunha Concesión delega na capacidade disciplinaria no empresario, non nos parece procedente nen legal que a Fundación valore as actitudes das plantillas.

 

2º Deberia de ser obrigatorio que a dotación tivese o curso de TTS.

 

3º Non entendemos que se poda medir a actitude, pero o que nos parece sub-realista é que valga o mesmo a actitude que a aptitude.

 

A respeito do documento Folla de Revisión tanto SVA como SVB:

 

1º Deberia de haber unha folla de revisión só para os elementos, tanto estruturais como mecanicos, de seguridade vial, cunha periodicidade non maior a 15 dias e asinada polos responsabeis da empresa, coa asinatura de estar enteirado do representante dos traballadores.

 

2º Deberia-se de matizar que clase de revisión hai que facer, xa que a aparataxe e o funxibel é de utilización facultativa, os traballadores poderian revisar que haxa cousas pero non garantir o seu bon funcionamento.

 

3º A respeito do materior funxibel, o material po-no o hospital, e a estocaxe é responsabilidade da enfermeria, polo que os traballadores non deberian de tocar iso.

 

A respeito do documento Uniformidade:

 

1º Engadir dentro das prendas, unha prenda para o inverno que sexa forro polar.

 

2º Os pantalóns deberian de ter bolsillos laterais, con peche velero, xa que son mais uteis.

 

3º A sudadeira deberia levar bolsillos descendentes das ombreiras cara ao cobado.

 

4º Os tecidos deberian de ser menos pesados.

 

A respeito do documento Partes de Asistencia SVA:

 

1º Que non figurara o nome e apelidos do condutor, senón codigos criados nunha base de dados do proprio 061 (debendo ser isto extensivo a calquera documento donde haxa que identificar aos traballadores).

 

2º En canto ao sitio para apuntar os dados, teria que aumentar-se para facilitar a laboura dos traballadores.

 

3º Non hai sitio para os dados dos accidentes de traballo.

 

A respeito do documento ao anexo VII:

 

1º Asento de enfermería (B): Pola seguridade de todos, os asentos da cabina asistencial teñen que levar cinturóns de 4 anclaxes, e a poder ser, en forma de araña, xa que eses asentos poden ir durante a marcha en forma lateral e así agarran ben a persoa que vaia sentada neles, xa que o actual non cumple en caso de colisión frontal.

 

2º O Banco – arcón acolchado (C) . Non se pode homologar, xa que non leva cinturóns e industria non permite o seu uso coma asento, si como caixón para meter material, ademáis lendo os pregos, parece que vai ser o asento con cinturón para o due ou médico, e o TTS que se joda e vaia no banco, sen suxección.

 

A respeito do documento prego de condicións técnicas SVA expedente AC-FUSI-07-001:

 

1º En canto ao interlocutor (IX) , cremos que deberia de ser, polas funcións que lle toca desempeñar un cargo directivo da empresa.

 

2º En canto á Entidade Corporativa (XIV), deberian-se prever sancións para aqueles empresarios que non merquen a roupa da que é obxecto a concesión, incluso coa perda da mesma de persistir na actitude.

 

3º En canto ás normas de comportamento (XVI), xa se dixo que cando unha administración decide prestar un servizo publico a través dunha concesión administrativa renuncia á capacidade disciplinária, polo tanto se se incurre (polo traballador) nunha actitude incorrecta, deberá-se instar ao empresario a abrir un expedente contraditorio, respetando as normas que os traballadores teñen na Lei de Procedimento Laboral para as sancións, sempre se lle ten que dar ao traballador o direito á defensa.

 

4º En canto ás condicións do veiculo, dicer o seguinte:

 

-         Que as luces frontales sexan exteriores e nunca integradas no vehículo xa que non se vem.

-         Que a zona posterior leve no tellado un rotativo de cada lado, xa que todo-los coches pecan de esta pouca luz por detrás.

-         Parece ser que para o ano que ven a DGT ten previsto cambiar os vehículos de emerxencia a destellos azuis en lugar do laranxa.

-         Debe-se obrigar a mercar de dúas linternas en vez de unha, xa que se non hai luz, unha non chega para nada

 

Acerca de cig-ambulancias

lugar de informacion da CIG a respeito do transporte sanitario en galiza

Suscríbete

RSS | Atom

Contacto

Contactar

Albergado en:blogdiario.com

Noticias: Noticias

Un servicio de HispaVista

Contador gratis contadorplus.com